Un Airbus A350 de Air Nubeiro na plataforma ao amencer

A nosa frota

Sete avións, tres formas de voar

Dunha escapada a Madrid a un voo transatlántico de trece horas. Esta é a frota de Air Nubeiro, o que atoparás dentro de cada avión e o que inclúe cada clase.

A bordo

Tres formas de voar

Os avións de fuselaxe ancha levan as tres cabinas: Business, Turista Plus e Turista. Os de fuselaxe estreita, Business e Turista. Sexa cal sexa a túa, a equipaxe de man vai incluída e a tripulación atenderache en galego.

Cabina Business de Air Nubeiro

Espazo, silencio e tempo propio

Business

A cabina dianteira de Air Nubeiro. En fuselaxe estreita son butacas en 2-2 sen ninguén no medio; nos avións de fuselaxe ancha, asento-cama con acceso directo ao corredor.

Configuración
2-2 en fuselaxe estreita · 1-2-1 en fuselaxe ancha
Distancia entre filas
91 cm nos estreitos · cama plana de 198 cm nos anchos
Ancho do asento
51 cm
Equipaxe facturada
2 pezas de 32 kg
Equipaxe de man
2 pezas de 10 kg máis obxecto persoal
Pantalla
13 polgadas con auriculares con cancelación de ruído
  • Embarque e desembarque prioritarios
  • Mostrador e control de seguridade preferentes
  • Menú galego servido en louza, con carta de viños do país
  • Manta, almofada e neceser de descanso nos voos de máis de seis horas
  • Selección de asento sen custo e cambio de voo flexible
  • Prioridade na entrega da equipaxe
Cabina Turista Plus de Air Nubeiro

Un pouco máis de todo

Turista Plus

Dispoñible nos avións de fuselaxe ancha. A mesma cabina Turista, pero coas primeiras filas, máis espazo para as pernas e un servizo reforzado.

Configuración
3-3-3 nas filas dianteiras da cabina principal
Distancia entre filas
96 cm, oito máis ca en Turista
Ancho do asento
46 cm con repousapés e cabeceira regulable
Equipaxe facturada
2 pezas de 23 kg
Equipaxe de man
1 peza de 10 kg máis obxecto persoal
Pantalla
12 polgadas con USB-C e toma de corrente
  • Embarque preferente por grupo
  • Menú quente ampliado e bebida incluída
  • Almofada e manta en todos os voos de longo radio
  • Selección de asento sen custo a partir da reserva
  • Acceso ás filas de saída baixo petición
Cabina Turista de Air Nubeiro

A forma de voar de case todo o mundo

Turista

A cabina principal en toda a frota. Asentos en 3-3 nos avións de fuselaxe estreita e en 3-3-3 nos de fuselaxe ancha, con servizo galego a bordo en todos os voos.

Configuración
3-3 en fuselaxe estreita · 3-3-3 en fuselaxe ancha
Distancia entre filas
79 cm nos estreitos · 81 cm nos anchos
Ancho do asento
45 cm
Equipaxe facturada
1 peza de 23 kg
Equipaxe de man
1 peza de 10 kg máis obxecto persoal
Pantalla
10 polgadas nos voos de longo radio · USB en toda a frota
  • Bebida e snack galego en todos os voos
  • Menú quente nos voos de máis de tres horas
  • Auga sen custo durante todo o voo
  • Selección de asento desde 24 horas antes
  • Equipaxe de man sempre incluída

O que inclúe cada clase

ServizoBusinessTurista PlusTurista
Distancia entre filas91 cm / cama plana96 cm79-81 cm
Equipaxe facturada2 × 32 kg2 × 23 kg1 × 23 kg
Equipaxe de man2 × 10 kg1 × 10 kg1 × 10 kg
Embarque prioritarioSiPreferentePor grupo
Comida a bordoMenú en louzaMenú quente ampliadoSnack ou menú quente
BebidasCarta completaIncluídasIncluídas
Selección de asentoSen custoSen custoDesde 24 h antes
Cambio de vooFlexibleCon suplementoCon suplemento

Turista Plus só está dispoñible nos avións de fuselaxe ancha: o Airbus A350-900 e o Boeing 777-300ER.

Experiencia a bordo

O que facemos entre o embarque e a chegada

A despensa galega

A despensa galega

Peixe da lonxa, patacas con pemento e pan do país. A carta cambia cada temporada e sempre hai unha opción vexetariana e outra sen glute.

Adega a bordo

Adega a bordo

Albariño, godello e mencía nos voos de máis de dúas horas, augardente de herbas nos de longo radio e café de tostado natural en todos.

Entretemento

Entretemento

Pantalla individual nos avións de fuselaxe ancha, con cine en galego e a canle de mapa en directo. Nos de fuselaxe estreita, contido no teu propio dispositivo.

Equipaxe sen sorpresas

Equipaxe sen sorpresas

A equipaxe de man vai incluída en todas as tarifas. Se o compartimento se enche, facturámoscha na porta sen custo e recólela na cinta.

Voos nocturnos

Voos nocturnos

Iluminación progresiva que acompaña o cambio de hora, cea lixeira ao pouco de despegar e almorzo antes de aterrar.

Na porta e na cabina

Na porta e na cabina

Tripulación galega en todos os voos. Podes dirixirte a nós en galego, castelán ou inglés desde que entras ata que baixas.

Avión a avión

A frota

Cada tipo coa súa configuración de cabina real. Preme en calquera ficha para ver a ficha técnica completa, o MapSeat e ata onde chega desde Santiago.

A3206 unidadesFuselaxe estreita

Airbus A320-200

O cabalo de batalla da rede peninsular e europea. Business en 2-2 nas tres primeiras filas e unha cabina Turista cómoda para os voos de ata cinco horas.

12 Business156 Turista

Prazas
168
Alcance
6.100 km
Cruceiro
828 km/h

Ficha completa do A320

A20N1 unidadeFuselaxe estreita

Airbus A320neo

Mesma cabina ca o A320 clásico, motores de nova xeración: menos ruído a bordo e alcance para as rutas máis longas da familia.

12 Business156 Turista

Prazas
168
Alcance
6.500 km
Cruceiro
833 km/h

Ficha completa do A20N

A3212 unidadesFuselaxe estreita

Airbus A321-200

O de maior capacidade entre os de fuselaxe estreita. Catro filas de Business e unha cabina Turista pensada para as rutas de maior demanda.

16 Business192 Turista

Prazas
208
Alcance
5.950 km
Cruceiro
828 km/h

Ficha completa do A321

B7383 unidadesFuselaxe estreita

Boeing 737-800

O clásico de Seattle na nosa rede de curto e medio radio, coa mesma proposta de cabina ca o A320.

12 Business150 Turista

Prazas
162
Alcance
5.400 km
Cruceiro
842 km/h

Ficha completa do B738

B38M1 unidadeFuselaxe estreita

Boeing 737 MAX 8

O máis novo dos estreitos. Alcance para chegar ás Canarias, a Turquía ou ao norte de África sen escala.

12 Business162 Turista

Prazas
174
Alcance
6.570 km
Cruceiro
839 km/h

Ficha completa do B38M

B77W2 unidadesFuselaxe ancha

Boeing 777-300ER

O buque insignia en capacidade. Tres cabinas, Business con cama plana e acceso directo ao corredor, e espazo para case catrocentas persoas.

36 Business45 Turista Plus297 Turista

Prazas
378
Alcance
13.650 km
Cruceiro
892 km/h

Ficha completa do B77W

A3591 unidadeFuselaxe ancha

Airbus A350-900

O avión dos voos longos: cabina máis silenciosa, aire máis húmido e menos altitude equivalente. Tres clases e quince mil quilómetros de autonomía.

32 Business36 Turista Plus252 Turista

Prazas
320
Alcance
15.000 km
Cruceiro
903 km/h

Ficha completa do A359

Interior do Beechcraft Baron 58

Fóra da rede comercial

Beechcraft Baron 58

O pequeno da casa non voa rutas regulares nin ten clases a bordo. Resérvase para voos moi puntuais: adestramento de tripulacións, posicionamento de persoal entre bases e traslados que non xustifican un avión de liña.

Son catro prazas de pasaxe máis a do piloto, nunha cabina de club, sen presurización e con dous motores de hélice que lle permiten pousar en pistas de seiscentos metros, é dicir, en case calquera aeródromo galego.

Prazas
4 + piloto
Alcance
2.900 km
Cruceiro
370 km/h

Ficha completa do BE58

Planos de cabina

Como se reparte cada avión

Plano de cabina: Fuselaxe estreita
Fuselaxe estreitaA320, A320neo e 737-800: Business en 2-2 e Turista en 3-3, con dúas filas de saída sobre a á.
Plano de cabina: A321-200
A321-200Catro filas de Business e a cabina Turista máis longa da frota, con catro saídas de emerxencia.
Plano de cabina: Fuselaxe ancha
Fuselaxe anchaA350 e 777: tres cabinas separadas por mamparas, con Business diante, Turista Plus no medio e Turista atrás.
Plano de cabina: Baron 58
Baron 58Cinco prazas en configuración de club, sen clases nin servizo a bordo.

Alugueiros temporais

Avións que están de paso

De cando en vez metemos en frota aeronaves que non son nosas: avións de longo radio no verán, ou trebellos máis pequenos e maniobrables cando lanzamos circuítos que o piden.

Cada alugueiro apróbase en reunión do equipo directivo, dura como moito seis meses e anúnciase cun mes de antelación. Sobe documentación á Biblioteca e habilítase o seu type-rating, coma calquera outro avión da casa.

42%de aumento medio nos PIREPs enviados durante os alugueiros temporais

Galería de imaxes

Estas fotografías están protexidas por dereitos de autor. Podes solicitar o seu uso poñéndote en contacto connosco.

Airbus
os nosos estándares, xuntos.