Eu sempre quixen que Air Nubeiro fose diferente ao resto de compañías virtuais, empezando polo nome. Polo que, botando man da mitoloxía galega, decidimos utilizar o termo "nubeiro" (rei das tormentas), que ademais se comparte con con a asturiana "nuberu". O que, sen dúbida, supuxo a creación dunha marca con moito significado e ben diferenciada, algo que pode perdurar no tempo, evolucionar e non perder as súas raíces ao mesmo tempo.
Os inicios foron complicados, como non, pois tan só eramos dúas persoas e non dispoñiamos de coñecementos en programación polo que saltabamos de plataforma en plataforma (FSAirlines, VAM, etc).
A partir do 2020, puidemos incorporar a máis xente o que, unido ao tempo do que dispoñiamos durante a pandemia, fixo posible a creación dunha comunidade forte e asentada que a finais do devandito ano conseguiría o rexistro como aerolínea virtual en IVAO.
Con todo, estamos sempre en constante actualización e buscando a última tecnoloxía e comodidade para os pilotos o que se traduce nun traballo continuo.