O pasado ano santo Xacobeo 2021 foi ampliado ata o 2022, facendo o propio para o Destino Santiago (2021-2022). Estreamos unha proposta innovadora e extremadamente rompedora co xa existente en IVAO.
Os número derivados do Destino Santiago 2021·22 son incribles, pasando fronteiras que non se imaxinaron nunca desde a propia organización.
O 2021 pecharíase con 3.374 operacións só en Santiago de Compostela! Ao que temos que engadir as máis de 3.800 do 2022, cando, só en 3 días, alcanzáronse máis de 220 operacións.
Sen dúbida que se tratou do mellor evento no que participou Air Nubeiro pero melloraremos estas cifras tan pronto como volva o próximo ano santo.
Esperámosvos a todos no 2027, mentres se abre o Pórtico da Gloria na catedral de Santiago de Compostela en Air Nubeiro e no Consorcio Destino Santiago estaremos a remover para dar o mellor de Galicia no mundo da simulación aérea virtual.
👋 Ei! A túa privacidade e importante pra nós
A nosa páxina web emprega cookies propias e de terceiros. Estamos comprometidos coa túa privacidade, por iso, nos gustaría que lle botaras un ollo á nosa política de cookies e privacidade.