Air Nubeiro é unha aeroliña virtual certificada pola Organización Internacional de Aviación Virtual (IVAO). Operamos nos tres aeroportos galegos pero o noso HUB principal é Santiago de Compostela - Rosalía de Castro. Air Nubeiro é unha familia de pilotos virtuais na que podes intercambiar coñecemento e compartir experiencias como eventos ou quedadas.
Isto é o que che ofrecemos, se precisas máis información non dubides en poñerte en contacto connosco.
A alta como piloto na compañía é un proceso sinxelo e que non debe darche preocupación algunha no teu día a día, a continuación explicamos os pasos:
Pra proceder coa postulación, fai click aquí.
Capítulo IV, apartado 1 – Manual de Regulación Interna
Se un piloto non pode cumprir coa actividade mínima, deberá solicitar formalmente un período de vacacións ao Departamento de Recursos Humanos a través das canles habilitadas. Durante este período, o piloto queda exento do requisito mensual de voo, aínda que mantén a súa vinculación con Air Nubeiro.
O estado de vacacións ten unha duración limitada e a súa xestión corresponde ao Departamento de Recursos Humanos. En caso de incumprimento da actividade mínima sen ter solicitado previamente este período, o departamento competente poñerase en contacto co piloto e facilitaralle un prazo para regularizar a súa situación. A falta de resposta durante polo menos 20 días naturais dará lugar á tramitación da baixa conforme á normativa interna.
Cal é a actividade mínima esixida?
Un piloto de Air Nubeiro debe manter o seu estado activo realizando polo menos un voo ao mes baixo o indicativo NBV, nas redes de voo IVAO ou VATSIM, e rexistrándoo correctamente mediante o sistema ACARS da compañía. Esta obriga forma parte do contrato de actividade establecido no noso Manual de Regulación Interna e é necesaria para conservar o estado de piloto activo.
Os requisitos cambian segundo a convocatoria, por iso, non debes deixar pasar ningunha oportunidade. Podes consultar devanditos requisitos e toda a información acerca das convocatorias de pilotos no Centro de Chamamentos.
En Air Nubeiro poñemos á túa disposición unha gran variedade de documentación técnica e específica sobre procedementos e características das aeronaves en frota. Ademais de cursos de formación baseados en contido multimedia con licenza compartida.
Todo isto poderás atopalo na
Biblioteca de Air Nubeiro, tras converterte en piloto.
En Air Nubeiro traballamos, principalmente cos seguintes simuladores:
- XPlane 11 en adiante
- Microsoft Flight Simulator 2020 en adiante
Con todo, temos unha gran capacidade de adaptabilidade. Ponte en contacto co departamento de Operacións para aclarar as túas dúbidas respecto a este tema.
Si, actualmente é preciso dispoñer dunha conta activaó teu nome en IVAO pra que a túa postulación como piloto se formalice. Podes crear a túa conta facendo click aquí.