Compromiso coa lingua
Nota: este contido só se atopa dispoñible en Galego.
Acción Cultural
O Día das Letras Galegas é unha festa cultural que se celebra cada ano o 17 de maio en Galicia para promover o uso da lingua galega e homenaxear a un autor ou autora da literatura en galego. A elección faina a Real Academia Galega, e desde 1963 cada edición está adicada a unha figura relevante da nosa literatura ou cultura literaria.
Este ano, Air Nubeiro propón un voo na Organización Internacional de Aviación Virtual (IVAO) desde LEMG (Málaga-Costa del Sol) até LEVX (Vigo-Peinador), onde naceu a autora.
Deste xeito estamos a permitir o coñecemento da eventualidade ao resto do estado pois sería unha ruta dunha duración óptima que cubre a meirande parte da península ibérica.
Recorda, o 17 de maio de 2026 ás 18:00 (16:00 UTC).
Para o ano 2026, a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño (Vigo, 14 de outubro de 1964 – Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014), recoñecendo a súa traxectoria como escritora, xornalista, activista feminista e comunicadora en lingua galega.
O Día das Letras Galegas 2026 estará dedicado a Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista feminista, unha das voces máis singulares da cultura galega contemporánea.
A homenaxe foi acordada pola Real Academia Galega, en recoñecemento á súa achega á literatura, ao xornalismo e ao pensamento crítico en lingua galega.
Begoña Caamaño desenvolveu unha intensa traxectoria como xornalista na Radio Galega, combinando o labor informativo cun forte compromiso social, feminista e cultural.
A súa escrita caracterízase por unha linguaxe coidada, unha mirada lúcida sobre a realidade e unha clara vontade de transformar o mundo desde a palabra.
Como narradora, destacou polas novelas Circe ou o pracer azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), nas que reinterpreta mitos clásicos desde unha perspectiva feminista e contemporánea, situando as mulleres no centro do relato e cuestionando os discursos tradicionais do poder, da historia e da identidade.
A dedicación das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño pon en valor a literatura como ferramenta de reflexión, igualdade e compromiso, e recoñece unha autora que fixo da lingua galega un espazo de liberdade, pensamento e creación.
"Vale máis un estado con árbores nos montes ca un estado con ouro nos bancos"
"As linguas non se poden matar, nin se poden crear como se nos antolle aos homes. As linguas pódense facer medrar, pódeselles enxertar novos alentos de vida, mais morrer só de seu poden morrer"
Á dereita adxuntamos enlace a algunhas das mellores referencias para obter información acerca da Autora e dos traballos de Normalización Lingüística realizados polo día Das Letras Galegas
O vindeiro 17 de maio celebramos as Letras Galegas! Será un voo de Málaga a Vigo, enchendo o mapa virtual de IVAO da península. Veste?
Engadir ó Calendario
Mantemos e incrementamos o noso compromiso coa lingua galega, ampliando o noso contido en galego.
Levamos á aviación virtual a cultura e lingua do noso pobo, acercando o galego a calquera recuncho do planeta.
Porque hai moi poucas cousas que podamos facer sós e moitas que podemos facer xuntos.
A nosa publicidade aporta voos virtuais e mesmo reais a Galicia estimulando o turismo de calidade na nosa terra.
De non ser polos seguintes colaboradores, non poderiamos ter acadado o impacto desexado. Podes consultar a súas páxinas web facendo click no correspondente logotipo.
A nosa páxina web emprega cookies propias e de terceiros. Estamos comprometidos coa túa privacidade, por iso, nos gustaría que lle botaras un ollo á nosa política de cookies e privacidade.