Que son as Letras Galegas?

O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co c entenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos propuxeron o aniversario para celebrar o Día das Letras Galegas.

En que consiste o evento?

Para o Día das Letras Galegas deste 2024, propúxose un voo que simbolizase a estreita relación ​entre o galego e o portugués. Deste xeito, despegaremos desde o aeroporto de Lisboa e, previsiblemente, aterraremos na cidade de cristal, na Coruña. Malia isto, debido a conxestión que poida sufrir o aeroporto de Alvedro, o evento inclúe tanto Santiago coma Vigo para a finalización do traxecto.

Recorda, o 17 de maio de 2024 ás 18:00 (16:00 UTC).

A quen se lle adican este ano?

Este 2024, a RAG  adícalle o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta. Nada na Coruña, a escritora destacou pola súa versatilidade escribindo poesía, narrativa ou mesmo ensaio. Formou, tamén, parte de recoñecidas organizacións en prol do galego como A Mesa pola Normalización Lingüística.

© Xosé Abad

A AutorA
Letras Galegas 2024

Luísa Villalta       

+info na web da RAG

Luísa Villalta Gómez naceu na Coruña no 1957, graduándose na USC en Filoloxía Galego-portuguesa e Hispánica. Amante dá música, foi titulada superior en violín e participou en diversas orquestras e grupos de cámara galegos.

Destacou como escritora versátil, abordando poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e traducións. Activa na escena cultural galega, participou en eventos, recitais e colaborou en varias publicacións periódicas. Comprometida coa causa, formou parte de organizacións como a AELG e a Mesa pola Normalización Lingüística

A fusión de música e poesía caracterizou a súa obra, evidenciada en Música reservada (1991). A súa cidade natal, a Coruña, inspirou obras como En concreto (2004), recoñecido pola súa visión única da cidade. 

A súa produción literaria abrangiu narrativa, teatro e ensaio, destacando obras como O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992) e O outro lado da música, a poesía (1999). A súa morte inesperada por parada cardíaca en 2004 aos 46 anos deixou unha vida chea de proxectos. Descansa no cemiterio de Santo Amaro. 

O seu legado perdura en iniciativas lembrando o seu labor, tanto no IES Isaac Díaz Pardo de Sada, onde foi profesora, como na Comunidade Universitaria.

letras galegas 2024

O evento

¡O vindeiro 17 de maio celebramos as Letras Galegas! Será un voo de Lisboa á Coruña, Santiago ou Vigo describindo o roteiro luso-atlántico que é sinal da conexión entre as nosas linguas. Veste?

Engadir ó Calendario

Compromiso

Mantemos e incrementamos o noso compromiso coa lingua galega, ampliando o noso contido en galego.

Recoñecemento

Levamos á aviación virtual a cultura e lingua do noso pobo, acercando o galego a calquera recuncho do planeta.

Cooperación

Porque hai moi poucas cousas que podamos facer sós e moitas que podemos facer xuntos.

Impulsando Galicia

A nosa publicidade aporta voos virtuais e mesmo reais a Galicia estimulando o turismo de calidade na nosa terra.

Colaboradores no proxecto

De non ser polo seguintes colaboradores, non poderiamos ter acadado o impacto desexado. Podes consultar a súas páxinas web facendo click no correspondente logotipo.