Antes de proceder co rexistro pedímosche que tomes un tempo para ler os requisitos e proceso selectivo. A ligazón ao formulario atópase na parte de abaixo.
Cando procedas co rexistro terás que cubrir un formulario, onde che pedimos ser sincero e que os teus datos sexan veraces. Fainos saber se xa dispós de coñecementos previos no mundo da aviación, real ou virtual, ou se queres iniciarche desde cero. Tan pronto como o envíes, poñerémonos en contacto contigo para guiarche durante os seguintes pasos.
Unha vez realizado o formulario, facilitarémosche un código para acceder ao test inicial de coñecementos . En base ao resultado obtido, poderás pasar ao seguinte paso ou ben incorporarte ó noso centro de formación.
Se o resultado, no test anterior, supera ou iguala o 75% poderás solicitar o exame práctico dunha das aeronaves da nosa frota. Este consistirá na realización dun voo de curta duración, baixo a supervisión dun instrutor.
Unha vez superada esta proba incorporaráseche directamente ao persoal e poderás realizar os teus voos de forma regular. En caso contrario, ofrecémosche a posibilidade de recibir formación orientada á aeronave que decidiras.
Ola!
Estás a un chisco de cubrir o formulario de acceso de Air Nubeiro. Encantaranos terte como piloto na aeroliña! Pregamosche que atendas a tódalas indicacións que che mostremos a partires de agora.
Recorda que, antes de seguir, é moi convinte que
revises a política de privacidade, normativa e, sobre todo, a páxina de primeiros pasos.
Recorda tamén, ler os requisitos na páxina de convocatorias.
Preme no botón de abaixo para cubrir o formulario: