Air Nubeiro é unha aeroliña virtual certificada pola Organización Internacional de Aviación Virtual (IVAO). Operamos nos tres aeroportos galegos pero o noso HUB principal é Santiago de Compostela - Rosalía de Castro. Air Nubeiro é unha familia de pilotos virtuais na que podes intercambiar coñecemento e compartir experiencias como eventos ou quedadas.
Isto é o que che ofrecemos, se precisas máis información non dubides en poñerte en contacto connosco.
A alta como piloto na compañía é un proceso sinxelo e que non debe darche preocupación algunha no teu día a día, a continuación explicamos os pasos:
Para proceder coa postulación, fai click aquí.
Un piloto ten a obriga de manterse activo. Cumprindo coa norma de realización de, alomenos, un voo por cada mes baixo o indicativo NBV nas redes de voo IVAO ou VATSIM e rexistrándoo co sistema ACARS da compañía.
Capítulo IV, apartado primeiro - Manual de Regulación Interna
Por que esiximos alomenos un voo ao mes? A rede IVAO requírenolo como parte dos estándares de actividade para manter unha presenza activa e vibrante na comunidade virtual de voo.
A pesar diso, habilitamos a posibilidade de solicitar o estado "de vacacións" ao noso departamento de Recursos Humanos. Este estado permite estar temporalmente exento de notificacións de inactividade mentres se segue sendo parte integral da nosa compañía. Se precisas un descanso, non dubides en comunicarte connosco, podes solicitar o período durante tanto tempo como necesites.
Os requisitos cambian segundo a convocatoria, por iso, non debes deixar pasar ningunha oportunidade. Podes consultar devanditos requisitos e toda a información acerca das convocatorias de pilotos no Centro de Chamamentos.
En Air Nubeiro poñemos á túa disposición unha gran variedade de documentación técnica e específica sobre procedementos e características das aeronaves en frota. Ademais de cursos de formación baseados en contido multimedia con licenza compartida.
Todo isto poderás atopalo na
Biblioteca de Air Nubeiro
, tras convertirte en piloto.
En Air Nubeiro traballamos, principalmente cos seguintes simuladores:
- XPlane 11 en adiante
- Microsoft Flight Simulator 2020 en adiante
Con todo, temos unha gran capacidade de adaptabilidade. Ponte en contacto co departamento de Operacións para aclarar as túas dúbidas respecto a este tema.
Si, actualmente é preciso dispoñer dunha conta activa ó teu nome en IVAO pra que a túa postulación como piloto se formalice. Podes crear a túa conta facendo click aquí.