Compromiso coa lingua

Nota: e​ste contido só se atopa dispoñible en Galego.

Acción Cultural

Que son as Letras Galegas?

O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co c entenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos propuxeron o aniversario para celebrar o Día das Letras Galegas.

En que consiste o evento?

Para o Día das Letras Galegas deste 2025, propúxose un voo que simbolizase a estreita relación ​entre o galego e o portugués. Deste xeito, despegaremos desde o aeroporto de Faro e, previsiblemente, aterraremos na cidade compostelá

Recorda, o 17 de maio de 2025 ás 18:00 (16:00 UTC).

A quen se lle adican este ano?

Este 2024, a RAG  adícalle o Día das Letras Galegas ás Cantareiras. Son todas as mulleres que levaron na súa gorxa a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade mediante os cantos populares foron, son e deben ser parte da nosa riqueza cultural.

Letras Galegas 2024

As Cantareiras

As Letras Galegas 2025 están dedicadas ás cantareiras, mulleres que desempeñaron un papel fundamental na creación e transmisión da poesía popular oral en Galicia. Estas artistas, a miúdo invisibilizadas pola historia, foron esenciais na preservación e difusión do noso patrimonio cultural inmaterial.

Dende tempos remotos, as cantareiras galegas foron protagonistas en festas, traballos comunitarios e reunións sociais, onde as súas voces e pandeiretas animaban e unían ás comunidades. A través das súas interpretacións, transmitían historias, sentimentos e tradicións que conforman a identidade galega.
 
A Real Academia Galega escolleu este ano 2025 para reivindicar a memoria de figuras emblemáticas como Adolfina e Rosa Casás Rama de Cerceda, Eva Castiñeira de Muxía, e as Pandeireteiras de Mens: Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar de Malpica de Bergantiños. Estas mulleres representan a moitas outras que, con dedicación e talento, mantiveron viva a nosa tradición oral.

A Real Academia Galega escolleu este ano 2025 para reivindicar a memoria destas mulleres e darlles o recoñecemento que merecen. A súa dedicación simboliza a loita, o sacrificio e a contribución silenciosa pero decisiva na construción da identidade cultural galega. Con este tributo, preténdese sacar á luz as historias de moitas mulleres que, a pesar das dificultades, deixaron unha pegada imborrable no noso patrimonio.

Este Día das Letras Galegas é unha oportunidade para lembrar e honrar ás cantareiras, dándolles o recoñecemento que merecen e resaltando a súa contribución á nosa cultura e identidade.

letras galegas 2025

O evento

¡O vindeiro 17 de maio celebramos as Letras Galegas! Será un voo de Faro á Santiago de Compostela, describindo o roteiro luso-atlántico que é sinal da conexión entre as nosas linguas. Veste?

Engadir ó Calendario

Compromiso

Mantemos e incrementamos o noso compromiso coa lingua galega, ampliando o noso contido en galego.

Recoñecemento

Levamos á aviación virtual a cultura e lingua do noso pobo, acercando o galego a calquera recuncho do planeta.

Cooperación

Porque hai moi poucas cousas que podamos facer sós e moitas que podemos facer xuntos.

Impulsando Galicia

A nosa publicidade aporta voos virtuais e mesmo reais a Galicia estimulando o turismo de calidade na nosa terra.

Colaboradores no proxecto

De non ser polo seguintes colaboradores, non poderiamos ter acadado o impacto desexado. Podes consultar a súas páxinas web facendo click no correspondente logotipo.